O Consello da Cultura Galega celebrou onte o seu plenario. Era o primeiro do ano, tiña carácter excepcional e supuña a estrea do actual presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño como Presidente de Honra da institución. Touriño aproveitou a ocasión para anunciar un Instituto de Cooperación Exterior, chamado Rosalía de Castro, que espallará a cultura galega no mundo. No plenario, integrado por lei por personalidades representativas do mundo da cultura, do académico, da investigación e a conselleira de cultura electa, neste caso Ánxela Bugallo que tamén asistiu ao evento, déronse a coñecer algunhas das previsións de traballo da institución para este ano. O presidente do Consello, Alfonso Zulueta de Haz, anunciou o proxecto de recuperación de fondos históricos e musicais da Emigración en Brasil, Arxentina ou Cuba, a celebración do cincuentenario do Primeiro Congreso da Emigración Galega e a posta en marcha da comisión da Cidade da Cultura.
Máis información no web da Xunta e sobre o Consello da Cultura Galega no seu web