O CCG celebrará os 50 anos do primeiro congreso da emigración galega con outro evento

Un congreso para unilos a todos

O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega (CCG) vén de presentar os resultados do traballo de recuperación de fondos (libros de actas, rexistros de socios, fotografías, regulamentos...) de 115 sociedades de emigrantes en América. Tal e como destacou o presidente do arquivo, Ramón Villares, “agora hai que por en valor todo ese material”. O primeiro paso é a elaboración dun “Diccionario da emigración galega en Cuba” que contén desde as biografías dos que escribiron a historia da emigración ata as fichas sobre as asociacións e as publicacións que crearon. Ademais, Villares anunciou que o CCG ten a intención de celebrar o cincuenta aniversario con outro congreso. Na presentación dos resultados estaban o presidente do Consello, Alfonso Zulueta, o profesor de Humanidades en Montevideo, Carlos Zubillaga e o titular de emigración, Aurelio Miras, entidade que colaborou co AEG neste proxecto.

Máis información no web do Consello da Cultura e na do Arquivo da Emigración