O arquivo da emigración galega recibe o premio “Entreculturas”

Un arquivo entre culturas

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
A Deputación de Pontevedra quere celebrar o Día da Hispanidade creando uns galardóns para premiar o traballo en pro da solidariedade, integración, apoio e a profundización do coñecemento entre os pobos. Son os premios “Entreculturas” que nacen este ano con dous recoñecementos extraordinarios: un deles para o Arquivo da Emigración Galega polo seu labor de recuperación da memoria histórica e o outro para o Centro Galicia de Montevideo que vén de cumprir o seu 125 aniversario. Os premios serán entregados o vindeiro 12 de outubro no Pazo Provincial de Pontevedra ás 19:30 horas.

Máis información no web da Deputación de Pontevedra  e no web do Arquivo da Emigración Galega

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquivo da Emigración Galega, Deputación de Pontevedra, Memoria Histórica