A Xunta recoñece o traballo realizado polo país coas medallas Galicia e as medallas Castelao deste ano

As medallas do ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os principais galardóns que outorga o goberno autonómico, as medallas Castelao e as medallas Galicia xa teñen propietarios na edición do ano 2004. A Xunta deu a coñecer onte a lista dos recoñecidos. Coa medalla Galicia de ouro foron galardoados a Asociación de Víctimas de Terrorismo, Rodolfo Martín Villa, Alfonso Castro Beiras, “El Correo Gallego” e “Faro de Vigo”. As medallas Castelao, pola súa banda, foron para Rosalía Mera, Milladoiro, Xaime Quesada, Blanca García Montenegro e o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura entre outros.

Máis información no web da Xunta sobre as medallas Galicia; sobre as medallas Castelao; web do Arquivo da Emigración

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Ouro, Arquivo da Emigración Galega, El Correo Gallego...