A xornada de onte deixounos premios para todos. As medallas por partida doble (as Galicia e as Castelao) e os premios que concede a Asociación Alecrín en defensa das mulleres. Empezamos polas medallas, xa que onte, o Consello da Xunta aprobou o listado de galardoados nesta edición. E este ano, a Medalla de Ouro foi para o Real Clube Deportivo da Coruña, en "recoñecemento á súa brillante traxectoria deportiva". As Medallas Castelao foron para Juan José Barcia Goyanes, Feliciano Barrera, Adolfo Domínguez, Julio Fernández Gayoso, Julio Fernández Rodríguez, Constantino García González, María Blanca Jiménez Alonso e María do Carme Kruckengerb. E pecha este precorrido polos premios, a eurodiputada alemana Emma Bonino, que acaba de ser galardoada pola asociación Alecrín polos dereitos das mulleres desfavorecidas.
Medallas Galicia
O Consello da Xunta de onte deixou un bo número de galardoados. E foi porque acaba de conceder as súas medallas Galicia, as mesmas que pretenden distinguir polos seus méritos ó servicio da Comunidade, sexa cal sexa o aspecto polo que "sexan dignas de obteren o recoñecemento do pobo galego" segundo cita o comunicado da Xunta. E este ano recibe o seu galardón unha entidade deportiva, o Dépor. E os seus méritos son obter "a teraxectoria máis brillante acadada nunca por un equipo de fútbol galego. Na súa traxectoria mais inmediata contar cunha liga, tres subcampionatos de liga, dúas copas do Rei e dúas supercopas de España". E o día 25 de xullo, cando se entreguen as medallas estarán xunto ó Real Club Deportivo da Coruña, as medallas de prata e as de bronce.
Na categoría de Praza a lista de premiado é máis numerosa. Destaca en primeiro lugar os premios para o mundo da comunicación onde foi a título póstumo para o xornalista Diego Bernal López, por todo o seu traballo desenvolvido en múltiples medios de comunicación ó longo da súa vida. E tamén para os medios hai unha Medalla de Prata para o presidente do grupo Nosa Terra, José Baltasar Silveira Cañizares; a Arnaldo Sousa de Azeredo Lobo; . Foron premiados tamén coa Medalla de Galicia de Prata, o enxeñeiro agrónomo Plácido Baamonde López; o catedrático do departamento de Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela Ángel María Carracedo Álvarez; o subsecretario do Ministerio de Facenda, Rafael Catalá Polo. Como centros foron galardoados o Centro Galego de Montevideo, que ten a honra de ser o máis antigo dos existentes (fundado en 1879) e que nas súas salas contou con xuntanzas dos persoeiros máis importantes da cultura galega durante a emigración. Outro centro galardoado foio colexio Liceo La Paz (A Coruña)que foi pioneiro no Estado Español en introducir estudios de informática. Compeltan a lista o médico Aniceto Luis Charro Salgado; o presidente da Confederación Galega de Minusválidos, Domingo Dosil Cubelo; o hostaleiro Francisco García Bobadilla; o cirurxán torácico e vascular Elías Tovar Martín; e a empresa Zeltia S.A, que este ano experimentou un grande crecemento pola súa saída á bolsa.
E na súa categoría de bronce, a Medalla de Galicia de bronce foi concedida ó hostaleiro Bautista Álvarez Rey; á Armería Álvarez; a Miguel Ángel Barral Varela (a título póstumo), que faleceu ó intentar salvar a unha persoa que pedía auxilio na praia de Queiruga (Porto do Son. A Coruña); ó alcalde de Negreira, José Blanco Pazos; ó Club Baloncesto Obradoiro; ó presidente do Centro Galego de Buenos Aires, Elías Fernández Pato; ó presidente do Centro Partido de Carballiño de Buenos Aires, Arturo González Gil; ó compositor, Manuel Muñiz Tubio, e ó militar Juan Francisco Pita Porto.
Medallas Castelao
E o Consello da Xunta deixou premios, por "partida doble". Desta volta están as Medallas Castelao que premiaron a persoas que sexan "autores dunha obra merecedora do recoñecemento do seu pobo, no eido artístico, literario, doutrinal ou de calquera faceta da actividade humana. Así, premiase a dedicación e os estudios do exrector e exdecano da Facultade de Medicina Juan José García Goyanes; a Feliciano Barrera Fernández polo seu traballo como editor de El Correo Gallego e O Correo Galego, e por unha traxectoria adiecada á creación de numersosas empresas. Seguindo no ámbito da comunicación, tamén está galardoado Julio Fernández, presidente de Filmax que segue a contribuir a súa normalización do sector do audiovisual. Do mundo da moda, Adolfo Domínguez recibirá a Medalla Castelao por ser un dos artífices e impulsores do novo pulo que está a experimentar a moda galega, valorada e recoñecida en todo o mundo. Completan a lista dos premiados Julio Fernández Gayoso (moi ligado a Caixavigo, do que foi o seu director, e impulsor da Obra Social da entidade financeira, Constantino garcía González, que actualemente é o director do Seminario de Lexicografía da Real Académica Galega da Lingua. Completan a lista dos premiados dúas mulleres María Blanca Jiménez Alonso (presidenta da Fundación Penzol) e María do Carme Kruckenberg Sanjurjo (polo seu labor de escritura).
Alecrín, alecrán
Premiar e castigar. Alecrín, o grupo de Estudios Sobre a Condición da Muller, acaba de dar a coñecer quen son os premiados e os castigados este ano en función da súa actividade relacionada coa muller. A eurodiputada italiana Enma Bonino acaba de facerse co premio Alecrín que premia a súa loita a favor dos dereitos das mulleres máis desfavorecidas do mundo, e sobre todo, pola súa campaña de apoio para as mulleres afganas. E a eurodiputada europea estará en Vigo o 29 de xuño para recoller o seu premio. E polo outro lado, o premio Alacrán que aínda que contaba con bastantes candidatos, ó final optou polo colectivo Pablo Maio, presidente da asociación nacional de emprearios de locais de alterne por "representar un do smáis claro exponentes da negación dos dereitos humanos e da violencia contra as mulleres e nenas: a prostitución".