Ramón Villares afonda nas relacións culturais con Brasil nunha visita institucional

O Consello da Cultura quere achegar ao país americano unha mostra sobre a nosa cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Desde o pasado 26 de marzo o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares está a facer unha viaxe institucional para estreitar as relacións do noso país con Brasil. Neste percurso, Villares imparte hoxe a conferencia Galicia: unha nación cultural na Universidade de São Paulo. Ao tempo, Villares visitará o Memorial do Emigrante da cidade, un centro co que establecerá un convenio de colaboración para recuperar a documentación referida á emigración española que alí se conserva. A maiores, mañá o presidente do CCG terá un encontro cos responsables do Museo da Língua Portuguesa con vistas a programar no futuro unha exposición sobre Galicia neste centro. Na súa viaxe, Villares participou xa na Conferência Internacional sobre o Futuro da Língua Portuguesa no Sistema Mundial. Ademais, no Instituto Cervantes de Brasilia impartiu a conferencia Galicia: unha cultura-ponte entre Europa e América.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Ramón Villares, Instituto Cervantes, Consello da Cultura Galega...