O Consello da Cultura colaborará co goberno arxentino na difusión da nosa cultura

Ramón Villares impartiu unha conferencia en Bos Aires sobre Seoane

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Buscar vías para mellorar a difusión da cultura galega en Arxentina. Este foi o eixo da entrevista que mantivo onte Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, con Jorge Coscia, secretario de Cultura do país americano. Entre outras medidas, no encontro valoraron a edición de obras literarias de autores galegos naquel país e, á inversa, o interese por dar a coñecer o traballo de distintos creadores arxentinos en relación ao noso país ou á emigración galega ao Cono Sur. Dentro da visita institucional que está a facer a Arxeninta, Villares inaugurou tamén a mostra Nazón de Breogán, na Federación de Sociedades Galegas, e impartiu a conferencia Luís Seoane entre dous mares na Casa da Cultura de Bos Aires.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Villares, Bos Aires, Luís Seoane, Breogán...