No 2010 cúmprense cen anos do nacemento de LuÃs Seoane. Unha efeméride que o Consello da Cultura Galega (CCG) non quere deixar pasar e que celebrará cun congreso sobre a figura e o legado cultural deste polifacético creador. Canda o congreso, o CCG publicará o epistolario completo da súa época no exilio. Sobre Seoane tamén falará Ramón Villares, presidente do CCG, en dúas conferencias que ofrecerá no marco da viaxe institucional que hoxe comeza en Arxentina. Ademais das charlas, Villares asistirá á inauguración da exposición O Asociacionismo Galego na Emigración en Bos Aires e Rosario, asà como á presentación de tres publicacións da institución.