O Consello da Cultura continúa por Brasil os seus proxectos de acción exterior

Ramón Villares inaugurará a exposición Os adeuses e impartirá dúas conferencias

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Unha xira de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, por Brasil, marca estes días a liña de acción exterior da institución. O programa da viaxe comeza hoxe coa inauguración na sede o Instituto Cervantes no Río de Xaneiro da exposición Os adeuses sobre a emigración galega a Sudamérica nos anos 50. Canda a isto, Villares impartirá dúas conferencias e participará no acto de nomeamento da escritora Nélida Piñón como directora da Cátedra José de Bonifacio do Centro-Iberoamericano. Ademais, a delegación do Consello desenvolverá diferentes contactos con institucións culturais brasileiras e con colectivos da emigración galega.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Ramón Villares, Consello da Cultura Galega, Instituto Cervantes...