O CCG inaugurou en Madrid a exposición fotográfica "Os adeuses"

A mostra pódese ver na Casa de Galicia ata finais de mes

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:

O Consello da Cultura Galega inaugurou na Casa de Galicia de Madrid a exposición "Os adeuses", do fotógrafo José Martí. A inauguración, onte pola noite, realizouse na Casa de Galicia e contou coa participación de Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega e José Ramón Ónega, director da Casa de Galicia en Madrid. "Os adeuses" poderase visitar no centro ata finais de decembro.

A mostra "Os adeuses" componse de 73 fotografías en branco e negro que reflicten o éxodo galego cara a América entre osanos 1957 e 1963, desde os portos da Coruña e Vigo. As fotografías de José Martí amosan a realidade dura da emigración. Os Adeuses é unha exposición producida polo Consello da Cultura Galega.

Esta exposición distribúese en tres áreas (A Ida, a Volta, o Buque Santa María) con imaxes protagonizadas por xente anónima e polas súas experiencias arredor do embarque e desembarque dos buques que os levaban cara a América.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, América...

Claves

Protagonistas