O Consello da Cultura promove dúas bolsas para creadores de investigadores

O presidente da entidade asinou un convenio coa Casa de Velázquez

6/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: linguasociedade
21 lecturas | Compartido 0 veces

Promover o intercambio de creadores e investigadores é o obxectivo do convenio que asinaba esta mañá Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e o director da Casa de Velázquez, Michel Bertrand. O acordo prevé a creación de dúas bolsas de investigación e de creación artística nas que se desenvolverán na sede desta institución en Madrid proxectos de relevancia para a proxección da cultura galega. As bolsas créanse en homenaxe a María Casares, considerada máximo expoñente da presenza da cultura galega en Francia.

A Casa de Velázquez ten a misión de desenvolver actividades creadoras e investigacións relacionadas coas artes, as linguas, as literaturas e as sociedades de países ibéricos, iberoamericanos e do Magreb. Tamén ten a vocación de contribuír á formación de artistas, investigadores e docentes-investigadores así como de participar no desenvolvemento de intercambios artísticos e científicos entre Francia e os países relacionados.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Casares, Ramón Villares, Francia, Consello da Cultura Galega...