O Consello da Cultura recuperará documentos da emigración ao Brasil

A institución asinou un acordo co Memorial do Imigrante de São Paulo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, asinaba hoxe un protocolo cos responsables do Memorial do Imigrande de São Paulo, unha das institucións que posúe un maior fondo documental sobre as migracións no Brasil. En virtude deste acordo, o Consello abordará a dixitalización dos rexistros de pasaxeiros de orixe peninsular que desembarcaron no porto de Santos e recuperará documentos dos organismos oficiais do estado de São Paulo referidos á emigración galega. Villares reuniuse tamén con representantes de diferentes institucións e colectivos paulistas cos que analizou xeitos de difundir a nosa cultura neste estado brasileiro. Mañá inaugurará, no Centro Español da Cidade de Santos, a exposición Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Ramón Villares, Documental, Consello da Cultura Galega

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares