Unhas xornadas comparan o traballo dos diferentes museos sobre migracións

O Consello da Cultura presentará o seu informe sobre a creación do Museo das Migracións

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Memorial do Imigrante de Sâo Paulo, a Casa do Emigrante Sueco en Växjö, a Casa do Emigrante Alemán de Bremerhaven ou o Museu da Emigraçâo e das Comunidades de Fafe comparten o denominador común de ser espazos que investigan en profundidade a pegada dalgún movimento migratorio. Ademais, son tamén as experiencias que se estudarán no marco das xornadas “A musealización das migracións: experiencias comparadas”, que se celebrarán na Biblioteca do Consello da Cultura Galega (CCG) os días 16 e 17 de decembro. Unha iniciativa organizada pola institución que preside Ramón Villares e que concluirá coa presentación do informe do CCG para a creación do Museo das Migracións.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Museos de ida e volta

Museos de ida e volta

O Consello da Cultura propón a creación do Museo das Migracións na Cidade da Cultura

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Ramón Villares, Consello da Cultura Galega, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)