“Non se trata de saldar ningunha débeda histórica senón de pensar o século XXI a partir do noso patrimonio” explicou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega na sesión de presentación do informe sobre o Museo das Migracións. É un proxecto que albergará un museo, un centro de documentación, un foro cientÃfico e un portal virtual que pretende estudar a emigracion, inmigración e o exilio como parte esencial da historia contemporánea e da identidade de Galicia.
Non é nova a idea de crear un museo que recolla os fenómenos migratorios que se desenvolven en Galicia. Pero si é a primeira vez que esa idea toma corpo en forma de proxecto. O informe “Museo das Migracións” que hoxe deu a coñecer o presidente do Consello da Cultura Galega(CCG), Ramón Villares e o historiador, Xosé Manoel Núñez Seixas, pretende sentar as bases dun centro que documente no futuro unha parte destacada da historia de Galicia. “A imaxe tópica de Galicia fÃxase en dous fenómenos: dunha banda a forxada na época medieval arredor da tradición Xacobea e asociada irremediablemente á cidade de Santiago de Compostela; e, da outra a visión de que somos un pobo de emigrantes” explicou Villares na súa intervención para orientar a necesidade deste centro. Ademais, a proposta xorde ao abeiro dun convenio entre o CCG e a SecretarÃa Xeral de Emigración (iniciado no bipartito e continuado co actual goberno) no que se apuntaba a necesidade de facer unhas xornadas que deran a coñecer as caracterÃsticas concretas de centros relativos á materia noutros paÃses nas que se presentara un informe sobre o proxecto para Galicia.
“Sabemos as circunstancias económicas non son as máis favorables, pero é o momento de pensar un centro das migracións” apuntou Villares, que aproveitou para lembrar que tende a pensarse os lugares de partida desde un punto de vista pesimista e os lugares de destino como positivo e “cómpre agrupar e considerar e facer converxer os puntos de partida e de saÃda neste centro e non velo como algo negativo senón como unha oportunidade”.
Museo das Migracións: o proxecto
“Non é o nome definitivo, nin tampouco é un proxecto pechado, senón aberto a melloras” apostillou Núñez Seixas, encargado de explicar os piares dun centro que estudará a emigración, a inmigración e o exilio. Na súa intervención explicou que o museo cumprirá unha marcada función social de integración e asunción da nosa identidade; “servirá para poñernos no lugar do outro e xerar correntes de empatÃa”, ao tempo que favorecerá o diálogo cultural e a transmisión entre xeracións asà como dotará de pluralidade a oferta de turismo cultural de Galicia.
En canto ao modelo, será un centro multifuncional dividido en catro partes ben diferenciadas: un museo propiamente dito, un centro de documentación, un núcleo de investigación cientÃfica sobre migración e un museo virtual. Como museo contará con todas as áreas/programas correspondentes a unha institución destas caracterÃsticas (coleccións, documentación, investigación, conservación-exposición, difusión e comunicación). Como centro de documentación encargarase da recollida de todo tipo de material para consulta, tanto documentación cientÃfica-divulgativa como nomeadamente a aportada polos protagonistas da migración. No núcleo de investigación cientÃfica preténdese que participen (ou mesmo xurdan ) institucións de todas as disciplinas relacionadas cos movementos migratorios. E, por último, un centro virtual que complemente o fÃsico e se converta no medio máis dinámico para a incorporación de pezas, a divulgación dos estudos e actividades, a comunicación e a relación entre o centro e a sociedade.
En canto ao seu emprazamento fÃsico. Ramón Villares explicou que “unha das vÃa máis razoables serÃa integralo na Cidade da Cultura porque complementa o estereotipo de Galicia no exterior cun punto de vista histórico, pero tamén hai outras posibilidades”. Ao mesmo tempo, o presidente do CCG explicou que foi a propia institución quen emitiu un informe esplicitando que a Cidade da Cultura debera conta con “centros cabeceiras”, e o museo que agora se propón.
As orixes da iniciativa
O Museo das Migracións non parte de cero xa que, tal e como explicou Villares, é un obxectivo natural do Consello da Cultura Galega desde 1992. Foi nese ano cando naceu o Arquivo da Emigración Galega, creado como soporte de servizo de documentación da exposición Galicia-América. “A partir de aÃ, o arquivo foi a xoia da coroa do Consello da Cultura Galega polo seu fondo hemerográfico e documental que está en progreso” apuntou. A dÃa de hoxe, o Arquivo da Emigración Galega (AEG) ten fondos procedentes de 457 sociedades de emigrantes (principalmente de Arxentina), unhas 300 caixas de documentación microfilmada, un extenso arquivo fotográfico e arredor dunhas 500 publicacións periódicas.
Agora, a proposta implica a transformación do Arquivo da Emigración Galega nese Museo das Migracións que, tal e como aclara Villares, “estarÃa fóra do Consello da Cultura Galega” que permita conciliar a historia da emigración galega por todo o mundo, desde o punto de vista dunha migración viva “dunha circulación de ida e volta”.