O Consello da Cultura achega a Arxentina o legado da emigración galega

A mostra sobre asociacionismo na emigración chega a Bos Aires

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O legado da emigración e a súa importancia para Galicia é o título da conferencia que impartirá Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), mañá día 13 no Centro Galicia de Bos Aires. Villares realiza ata o vindeiro día 15 unha visita institucional a Arxentina na que presentará a exposición Nós mesmos. Asociacionismo Galego na Emigración do CCG, que chega a este país logo de visitar Lisboa e Sevilla. Ademais, presentará na sede da Federación de Sociedades Galegas Unha voz galega no exilio e a Escolma de textos en galego que recuperan a oratoria e a escrita de Ramón Suárez Picallo.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arxentina, Bos Aires, Ramón Suárez Picallo, Ramón Villares...