Lisboa acolle a mostra Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración

O Consello da Cultura recolle o legado asociativo da emigración galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Lisboa acolle a mostra Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración

Co título Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración, o Consello da Cultura Galega e mais a Secretaría Xeral de Emigración achegan deste hoxe e ata o vindeiro 26 de xullo unha mostra ao Centro Galego de Lisboa. A exposición recolle en diferentes paneis datos e imaxes de centros, irmandades, escolas da emigración e agrupacións de todo tipo que manteñen ainda hoxe o facho da nosa cultura no mundo. Cuestións coma os países que contan con agrupacións deste tipo, os concellos cunha maior representación no exterior ou o número e localizacións de escolar promovidas desde o exterior son algunhas da cuestións que trata o proxecto.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lisboa, Escolas, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos
Lugares