A capital galega conta cun novo festival, o HOLANOLA FEST, que celebrará a súa primeira edición do 20 ao 25 de setembro a iniciativa do Riquela Club e terá lugar en varios locais da cidade. A iniciativa, que xorde dun dos promotores do Outono Códax, ten o obxectivo de xerar un lugar de intercambio cultural entre artistas galegos, flamencos e de Nova Orleans, o festival reunirá dezasete propostas procedentes dos Estados Unidos, Galicia e o resto do Estado. A idea é que o espectador, pero tamén os músicos, teñan un lugar de encontro, atravesado por diferentes achegas culturais, construÃndo durante uns dÃas unha comunidade baseada no intercambio de saberes ao redor da música. Ademais de no Riquela Club, esta edición inaugural desenvolverase noutros locais de Santiago de Compostela, como o Flamingo o Modus Vivendi ou o Fuco Lois. Haberá tamén unha sesión vermú na praza de Feixóo a cargo da agrupación compostelá Cantigas e Agarimos, e conversas en formato dúo, abertas ao público, conducidas polos xornalistas musicais Fernando Navarro e Jacovo Rivero.
O trÃo Caldo, BenjamÃn Vázquez e Sabela King co seu novo proxecto Mallou, Xiao, Cantigas e Agarimos, Carolina Vázquez, Tacón Gitano e Resaca Brothers poranlle acento galego a esta primeira edición na que tamén estarán quen fora cantaor de Paco de LucÃa, Rubio de Pruna, e o guitarrista flamenco Keko Baldomero. Procedentes da cidade do Mississippi actuarán o grupo de Kiki Cavazos con Pat Reedy Sundown Songs, o compositor, músico e produtor Duff Thompson coa súa mestura de pop, folk e garaxe rock, a cantautora Gina Leslie, o compositor e forza creativa detrás de Max and the Martians, Max Bien Khan, ou o músico de Nashville Noel McKay. Xa están á venda os abonos e as entradas por dÃa. Poderán adquirirse no punto de venda fÃsico da Reixa Tenda, na rúa do Hórreo.