Santiago de Compostela acollerá o Festival de Impro de Galicia entre o 4 e o 7 de maio, un evento que chega á súa segunda edición co "obxectivo de reivindicar a improvisación como ferramenta de traballo creativo e como xénero puxante en todas as disciplinas". Esta segunda edición convértese nun encontro entre improvisadores de toda a PenÃnsula. Destacan no programa Javier Pastor, recoñecido mestre madrileño de El Club de la Impro; o soundpainter Ricardo Gassent para pilotar a Big Band Impro Compostela; ou os zaragozanos Teatro Indigesto, co seu espectáculo Secuestrados, tres actividades previstas para o Teatro Principal. Haberá tamén obradoiros e espectáculos en diversos espazos da cidade como o Camalea, o Riquela Club, a Praza de Abastos, Matadoiro Compostela ou o Bar Olvido.
No Teatro Principal haberá tres funcións: Secuestrados, co Teatro Indigesto de Zaragoza, o venres 5 de maio; Oniria, de Javi Pastor, o sábado 6 de maio; e a Impro Big Band de Compostela, dirixida por Ricardo Gassent e Alfonso Medina, o domingo 7 de maio. As tres serán ás 20:30 horas, cun prezo de 5 euros cada unha. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Teatro Principal no seu horario habitual, en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. Ademais, hai un bono de 12 euros para entrar ás tres funcións.