O Festival Escenas do Cambio, que reúne no monte Gaiás, en Santiago de Compostela, as propostas máis vangardistas das artes escénicas, a coreografÃa e da arte en movemento, ten xa programa para a súa oitava edición. A xeira, que se presentou este 20 de abril na Cidade da Cultura, transcorrerá entre o 5 e o 8 de maio coa dramaturxia como eixe principal.
A sección Escenas (Con)Textualizadas colle o relevo de Escenas en danza do pasado ano e reúne "cinco dramaturgas galegas para que, nun percorrido-paseo, nos leven a ese mundo interior, ao lugar onde nacen as ideas e por que non, os soños". Helen Bertels, Helena Varela, Ana Abad, Ana Vallés e Gena Baamonde "serán as encargadas de descubrir o concepto menos recoñecido (quizais) do teatro: a dramaturxia", segundo explica Lola Correa, directora artÃstica, na presentación do evento.
En conxunto, o programa achega quince pezas a cargo de dez compañÃas diferentes, entre as cales oito son estreas absolutas e outras catro estreas en galicia, con catro dos traballos elaborados especificamente para o lugar. A coincidir co centenario de MarÃa Casares, o festival homenaxea a actriz coa mostra MarÃa Casares - Pedro Soler. Colliure 1989, que achegará ao Museo Centro Gaiás "obxectos e pezas inéditas dunha das últimas xiras da actriz por Francia, na que estivo acompañada polo guitarrista Pedro Soler e outros artistas como Enrique Morente". O propio Soler ofertará un recital e celebrarase un encontro posterior coa biógrafa da actriz Anne Plantagenet e co director de teatro LluÃs Pascua.
O evento servirá tamén para a presentación de diferentes traballos que se desenvolveron ao abeiro das Residencias Gaiás en distintas disciplinas. AsÃ, Mercé de Rande, Ramón Souto e Mateo Feijóo amosarán o resultado das súas investigacións ao redor do concepto de camiñar, mentres a compañÃa Voadora presentará o seu novo proxecto Hoax Hamlet. A performance (RaÃz de dos), de Nieves Correa e Abel Loureda, a intersección entre a danza e o teatro OUTsideINsideOUTside de Sara Molina e mais a proposta de teatro portátil que Marc Caellas e Esteban Feune de Colombi levan ata fisterra completan estas propostas.
O programa contará tamén con Nieves Correa e Tânia Carvalho desde a danza e a performance, Miguel Ponce de León, que "mostrará a maxia e a estética aplicada" e a compañÃa Societat Doctor Alonso e a súa Hammamturgia. Ramón Souto achegará un concerto de música contemporánea ao amencer, mentres a compañÃa de Tomeo Vergés propón dous solos de danza. O convite que o festival fai habitualmente a recuperar unha antiga obra foi nesta ocasión para Angélica Briseño e Gabriel Molina de La Usina, que retoman, logo de vinte anos, Waterclose (Preto da auga) para a ocasión.