Compostela acollerá o primeiro festival internacional de improvisación de Galicia

Imperdible celebrarase entre o 9 e o 22 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Compostela acollerá o primeiro festival internacional de improvisación de Galicia

Teatro, danza e música danse cita na primeira edición de Imperdible, o Festival Internacional de Improvisación de Galicia que se celebrará en Compostela entre o 9 e o 22 de maio vindeiros. O proxecto inclúe espectáculos, obradoiros, jams, concertos ou maratóns a cargo de creadores como Feña Ortali, Al Tran Trán Impro, Sergio Paris, Aló Foi, a Compostela Impro Big Band ou Os Duguis Intro entre outros. O programa inclúe ademais un apartado formativo no que se impartirán nocións sobre a improvisación na danza, na dramaturxia ou na música.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Paris, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos