A III Edición do Festival dos Abrazos comeza. As prazas e rúas de Compostela acollerán actuacións de danza, música, circo, teatro ou performance entre o 9 e o 29 desde mes. En total serán máis de oitenta actividades entre as que se inclúe o apartado OFF, aberto ás propostas da cidadanÃa, e celebracións como a Festa dos Abrazos (o 28 de agosto) ou a Festa Feito a man no dÃa de feche do evento. O programa dedÃcalle cada dÃa da semana a unha actividade. Deste xeito, os luns serán dÃas de clown, os martes resérvanse para instalacións artÃsticas, os mércores son dÃa de propostas escénicas, os xoves son do audiovisual e os venres para a música electrónica. A fin de semana completa o programa con concertos.