O Festival dos Abrazos volta ás rúas de Compostela este verán

O evento inaugura a sección Off para propostas experimentais

Un concerto da Real Filharmonía de Galicia na praza da Quintana abrirá a segunda edición do Festival dos Abrazos, que se celebrará en Compostela durante todo o mes de agosto. A proposta multidisciplinar achegará 150 propostas artísticas tanto de creadores locais coma internacionais. Cada semana artellarase dedicándolle cada día a un tipo de expresión. Arte experimental luns, trovadores martes, piano mércores, música de raíz xoves e obradoiros e arte dixital nas fins de semana organizan o programa. Ademais, clown, maxia, audiovisual e artes plásticas distribuiranse de xeito transversal ao longo do mes. Entre as propostas que se poderán ver na cidade están o Stckholm Lisboa Project, o Kora Jazz Trio, Oreka TX ou a Orquestra Chekara. A Orquestra Sinfónica e o Coro de San Petersburgo participarán tamén no evento os días 18 e 19 de agosto.

Como grande novidade para esta edición, o Festival dos Abrazos inclúe a sección Off, destinada a novos creadores de Compostela e Galicia en calquera campo de expresión. Os interesados en participar neste apartado teñen ata o vindeiro 20 de xullo para se inscribir.