Compostela integra a súa oferta cultural de agosto no Festival dos Abrazos

A proposta engloba citas previas coma o Feitoamán ou o Festival de Gorra

Máis de cen actos en diferentes espazos públicos da cidade de Compostela entre o 1 e o 31 do mes de agosto. Esta era a proposta que presentaban esta mañá a concelleira de Cultura, Socorro García e mais do director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará. Co nome de de Festival dos Abrazos, a iniciativa engloba as diferentes propostas culturais de rúa que se programaban ao longo deste mes na capital. Concertos coma os do Feitoamán ou as actuacións do Festival de Gorra inégranse agora nesta proposta.

Segundo explicaron os organizadores, o novo festival quere integrar diferentes manifestacións artísticas galegas e foráneas póndoas en relación cos diferentes espazos da cidade. A intención é situar Compostela nos circuítos internacionais de festivais durante o verán.

En total serán 50 concertos, con actuacións de jazz coma as de Sofa Surfers, ou Aki Takase no campo do jazz, a Xove Orquestra Árabe xudea ou Rahis Bharti entre outros. Pistacinco, Derviches do Cairo, ou os Quinquilláns son algunhas das propostas escénicas, mentres que as performances irán a cargo de artistas coma María Marticorena ou Miguel Noguera.Tamén se integran neste programa proxeccións audiovisuais ao aire libre coma as de Curtocircuíto ou as que organiza o CGAC.