Artistas de rúa hainos habitualmente en moitas das cidades do noso paÃs. Sen embargo, unha concentración de profesionais do circo como a que viven estes dÃas os espazos públicos de Compostela non é nada habitual. A razón hai que buscala na celebración do II Festival DÂ’Gorra, un evento que quere achegar ao público as artes do Novo Circo ao tempo que reivindica o espectáculo a pé de rúa e o financiamento mediante o pase de gorra.
O ano pasado nacÃa en Compostela unha proposta diferente de festival, na que a cuestión económica arranxábase deixando que fose o propio público o que decidise canto cobrarÃan os artistas. O medio era o tradicional “pasar a gorra” unha vez rematado o espectáculo. PistaCatro, a asociación galega dedicada ao novo circo e ao cabaré está detrás desta iniciativa. “O ano pasado xurdiu D`Gorra. A idea era levar esa actividade á rúa”, explica Marcos González Carballido “PTT”, membro de PistaCatro. “Nos últimos anos estaba acontecer en Compostela que, sendo un dos lugares que máis se presta para facer teatro de rúa, facÃase moi complicado conseguir os permisos para actuar. O que fixemos foi proporlle ao concello este festival e, neste contexto, tirar varios artistas á rúa”. Deste xeito, a Quintana ou PraterÃas están a servir de espazos para o debut de artistas que se inician no mundo do circo. Canda a eles, profesionais máis bragados chegados de España ou de Sudamérica, achegan o seu bo facer ás pedras da cidade.
Festival con pouco custo
“O festival é moi barato, e enchemos un oco bastante bo, xa que a cidade ten unha actividade cultural escasa nesta quincena e ademais hai moitos turistas que quedan encantados cos espectáculos”. Nesta segunda edición, o festival conta con vinte e dúas compañÃas que mobilizan un total de entre trinta e corenta persoas en actuacións e traballo de produción. A práctica totalidade do despregue artÃstico desenvólvese coa única achega económica que realizan voluntariamente os espectadores ao final de cada espectáculo. Seguindo o sistema tradicional de cobro dos artistas da rúa, os participantes no festival “pasan a gorra” despois de cada espectáculo e teñen esas doazóns coma único cobro. O concello encargouse este ano, iso si, de achegar cartos para a celebración dun grande espectáculo de cabaré na Quintana e de pagar os carteis que publicitan o evento.
PistaCatro
O colectivo detrás deste proxecto é PistaCatro, unha asociación que leva xa varios anos a promover as artes do novo circo. “PistaCatro é unha asociación de artistas dedicados ao mundo do novo circo e do cabaré, uns xéneros que reivindicamos”, sinala PTT. Somos xente nova que montamos este colectivo coma plataforma para nos dar a coñecer e coma espazo de experimentación”. Este colectivo desenvolve cada ano varios programas e leva unha programación estable trimestral na NASA, onde tamén se encontra o centro da Festa do Circo que cada ano monta a asociación. Dentro do concepto novo circo inclúen habilidades coma trapecios, cordas, malabarismos de todo tipo, intervencións teatrais na rúa ou números clásicos de clown.
Novo Circo Galego
Canda a este colectivo, estas artes contan en Galicia con outros focos coma o grupo Manicómicos, na Coruña, a asociación Malandraxe de Vigo ou mesmo o Festiclown. Para PTT este interese relaciónase coa situación do teatro no paÃs. “AÃnda que este rexurdir se está a dar noutros lados, penso que en Galicia se debe a que o teatro galego estaba a desenvolver unha cultura pouco achegada ao público”, sinala, “e nós querÃamos facer teatro pero precisábamos unha nova sensibilidade para nos expresar e aà apareceron os malabares, o clown, o humor e, máis tarde, o cabaré”. Desde PistaCatro, sen embargo, non esquecen que este movemento “tamén ten que ver cunha renovación mundial no teatro. As novas correntes empregan cada vez menos o texto mais as relacións co público o elemento fÃsico do actor mediante danza, malabares ou clown entre outras técnicas que tamén permiten falar da actualidade dun xeito máis directo e sen precisar metáforas”.
Futuro
Seguindo coa idea coa que naceu o festival, os organizadores de D`Gorra agardan que este evento sirva para normalizar a presenza de artistas nos espazos públicos de Compostela. “Queremos que o festival tenda a morrer de xeito natural e que sirva para abrir de novo a cidade aos espectáculos de rúa” sinala PTT. Ademais, “unha cousa moi importante deste evento é que a maiorÃa da programación é galega, e con isto apostamos por artistas do paÃs que son tan bos ou mellores que os foráneos neste campo”. Polo momento, o espectáculo continúa.