O Festival dos Abrazos pretende redescubrir a cidade con propostas creativas

O programa inclúe o festival musical Feito a man

Compostela repite co seu Festival dos Abrazos, unha propostas creativa que petende revivir espazos emblemáticos e menos coñecidos da cidade a través de espectáculos chegados dos cinco continentes. Durante todo o mes de agosto as prazas e rúas da cidade acollerán propostas culturais que van desde o circo, música clásica, performance dixital ou ritmos brasileiros. No marco deste encontro tamén se integra Feito a man, un festival musical organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella que ofrecerá concertos de Hip-hop. jazz, folk, rock. Canda estes destaca a organizacón de Concertos comando.