Case 50 espectáculos e máis de 35 bandas e/ou artistas volverán encher as rúas e prazas da Cidade Vella de Santiago nun dos festivais musicais de rúa con máis tradición do paÃs. Hoxe ás 20:00 horas co concerto de Pilo Sierra en San Paio de Antealtares dará comezo a décimo sexta edición do Feito a Man Estrella Galicia, o festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella que se estenderá ata o 21 de agosto. Polo Feito a Man deste ano pasarán case 50 propostas artÃsticas diferentes de diversos estilos musicais: pop, rock, blues, jazz, tango, swing, música tradicional, etc. E tamén haberá presenza doutras artes e disciplinas, como a maxia, performance, poesÃa, baile ou cabaré. Como vén sendo habitual, o groso do festival recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato. AsÃ, á parte de rúas como a VÃa Sacra, a rúa da Orfas, a Praza de Feixóo, Tras San Fiz de Solovio ou rúa XelmÃrez; tamén haberá actuacións nas prazas de Mazarelos, San Martiño Pinario ou Cervantes.
Tal e como é sinal de identidade desde o comezo da propia existencia deste festival, continúase a promover a escena local cunha programación na que se prima o talento de proximidade. AsÃ, poderemos escoitar bandas como Putan Club, Vudú, Blanca Cendán e Suso Alonso, Leo Burke, Manuel Gutiérrez, Pilo Sierra, The Spoonfuls e moitos outros. Alén disto, outro dos obxectivos do festival é a descuberta de novos talentos chegados de fóra. AsÃ, tamén poderemos ver bandas internacionais como os xaponeses Harmonica Creams, o mozambicano Mohammed Yahya, os arxentinos Ecos e SofÃa Viola, os colombianos-guineanos La Rueda, os mexicanos Lariferpol, o brasileiro Arthus Fochi, os suecos The Bongo Club ou a Clarence Bekker Band, desde Surinam.