Sesenta actuacións de rúa no Feito a man de Compostela en agosto

O ciclo chega á súa décima terceira edición nos veráns da capital

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Cartel Feito a Man 2016

Cartel Feito a Man 2016

Cun total de 60 propostas artísticas de música, teatro ou outras disciplinas encherase de creatividade a zona vella compostelana do 2 ao 27 de agosto na XIII edición do festival Feito a Man que organiza a Asociación Cultural Cidade Vella. O groso da actividade recae nas terrazas dos establecementos organizadores ofrecendo espectáculos de pequeno formato en recunchos do casco antigo. Ademais das terrazas tamén prazas como a de San Martiño Pinario, a de Cervantes, a de Mazarelos ou o xardín da Zona "C" acollerán espectáculos.

Rock, funk, música folk, blues, jazz e múltiples variantes destas modalidades están representadas no programa desta edición con artistas moi coñecidos como Adrian Costa, Aló Django ou Pablo Seoane Trío entre outros moitos. Cabe destacar a noite que terá lugar na Praza da Quintana o domingo 21: A Gran Foliada Balgalaika! Coas actuacións de Radio Cos e Fanfare Çiocarlia (Romanía). Unha festa única e irrepetible para bailar ao ritmo da música de baile de Galicia e a música Gipsy Brass dos Balcáns.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Martiño, Teatro, San Martiño Pinario, Cervantes...