O festival de irmanamento musical entre Asturias e Galicia, Primos Hetrmanos, chega a súa cuarta edición este ano mantendo o formato de dous dÃas, un en cada comunidade, e as mesmas cidades ofrecendo concertos de artistas da veciña Asturias en Galicia e viceversa. Será o primeiro de abril, en Compostela, cando o Bar Embora, a Casa das Crechas e o o Riquela Club acollan durante a xornada os concertos das bandas Catete Rococó, San Jerónimo e Pauline en la Playa e La Bande respectivamente en cada local. Os artistas galegos Pardo, familia Caamagno e Bifannah farán o propio o 15 de abril en dous locais de Oviedo. O festival organizado por Desconcierto Cultural xa ten á venda as entradas para as actuacións que non son abertas a todo o público e taén incluirá comidas de irmanamento coa gatronomÃa das dúas rexións.