A Candeloria e Primos Hermanos abren a temporada de festivais

Lugo e Compostela acollen estes eventos na fin de semana do 20 de febreiro

A fin de semana do 19 e 20 de febreiro amosa como está a arrincar a axenda de festivais en Galicia. Lugo acolle durante esas dúas xornadas a terceira edición de A Candeloria. O Pazo de Congresos albergará concertos de Soziedad Alkoholika, El Ultimo Ke Zierre, Os Diplomáticos de Monte Alto, Zoo, Nao, Zënzar, Familia Caamagno, Aspencat, Narco, Habelas Hainas, Vendetta e Poetarras!. Tamén no día 20, Compostela acolle a primeira xornada do festival Primos Hermanos. Este intercambio musical entre Galicia e Asturias achegará a diferentes locais da capital o traballo de Fee Reega, Thee Operators, Rodrigo Cuevas, Bobkat´65 e Autotáan. Con posterioriadade, o 5 de marzo serán os galegos Diola, Os amigos dos músicos, Malandrómeda, Músculo e Lengorón os que visiten Oviedo.