
Un dos pratos fortes da edición e a despedida do grupo valenciano ZOO, que tocará o día 1 de marzo ás 22:55. O seu paso por A Candeloria será a única parada en Galicia desta banda nacida xusto fai dez anos, no 2014. Completan o cartel do venres 1 de marzo Rebeliom do Inframundo, os galegos Familia Caamagno, Pigs Parlament, o grupo de rap Ira. O grupo Los Chikos del Maíz, vellos coñecidos do festival, que anunciaron recentemente unha "tregua indefinida" dende o próximo ano, pasarán polo palco o sábado ás 23:30. O cartel ofrecerá tamén ese día o espectáculo dos tamén valencianos Mafalda. O sábado 2 de marzo completan o cartel Soziedad Alcoholika, a banda de ska punk italiana Talco, o dúo feminino Tribade e Arrhythmia. Tamén pasarán pola festa Me Fritos and The Gimme Cheetos e La Duendeneta animará entre actuacións.