O Festival Primos Hermanos desdóbrase na súa segunda edición

Intercambia grupos galegos e asturianos os días 7 e 21 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Festival Primos Hermanos desdóbrase na súa segunda edición

Primos Hermanos, o festival que busca conectar as escenas musicais galega e asturiana, volta por segundo ano. E faino duplicándose e desenvolvendo unha sesión na capital galega e outra na do Principado. Compostela acollerá o vindeiro 7 de marzo a visita das bandas Noise'n'Confusion, One for Apocalipse, Huia, La Villana e Lucas 15. En retorno, o día 21 serán Puma Pumku, Chicharro, Dois e Alex Casanova os que actúen en Oviedo. O programa complétase con sesións de sidra e vermú, respectivamente, e mais coa oferta de menús típicos de cada lugar.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oviedo, Santiago de Compostela