Alex Sampaio volta premiado do Festival de Cine Independente de Berlín

Nace o Galicia Film Forum de Londres

Schimbare, o filme dirixido por Álex Sampayo acadou esta fin de semana o galardón á Mellor película internacional no Festival de Cine Independente de Berlín. O traballo de Sampayo exhibirase proximamente noutros eventos internacionais como o Jozi Film festival de Johannesburgo (19 a 22 febreiro), o Sedona International Film Festival de Arizona (21 feb a 2 marzo), o Byron Bay Independent Film Festival de Australia (6 a 15 de marzo), o Atlanta Film Festival (20 a 29 de marzo), e mais o Chicago Latino Film Festival (9 a 23 de abril).

En paralelo, acaba de se presentar en Londres o Galician Film Forum. Este evento nace coa intención de crear un espazo para conema galego na capital británica, e comeza a súa actividade o vindeiro 20 de marzo coa proxección de Encallados, de Alfonso Zarauza e mais das curtas Curricán, de Álvaro Gago, e 1977, de Peque Varela.