Matria distribuirase en diferentes países europeos

A película exhibiuse en festivais en Shangai e o día 20 en Split

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Matria distribuirase en diferentes países europeos

A película Matria proxectarase en Francia, Portugal, Italia ou Grecia mercé ao acordo de contratación subscrito pola produtora, Matriuska Producciones, coa axencia de vendas internacionais New Europe Film Sales. O acordo compleméntase coa visibilidade internacional do filme en festivais. O pasado 9 de xuño foi exhibida na sección 'Alternatives' do Shangai International Film Festival e o vindeiro martes 20 exhibirase no Mediterranean Film Festival de Split (Croacia). O filme tamén valerá para a reapertura dos Cinemas Pontiñas de Lalín, pechados desde 2014, e onde haberá unha sesión especial con coloquio a cargo do director Álvaro Gago e das actrices María Vázquez e Francisca Iglesias.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Matria, María Vázquez, Álvaro Gago, Grecia...