Unha curta galega sobre discapacidade obtén premios en España e Canadá

Idiotas foi recoñecido no Picture This Film Festival e mais no FECIDISCOVI

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O vilagarcián Fran Estévez dirixiu Idiotas, unha curtametraxe protagonizada por un mozo con discapacidade que está a conseguir importantes recoñecementos fóra do noso país. Así, no pasado mes de novembro se facía co premio ao mellor filme e ao mellor actor no festival madrileño FECIDISCOVI da Funcación Anade, centrado en obras dedicadas á discapacidade. Agora, o Picture This Film Festival de Canadá acaba de recoñecer o traballo cos galardóns Drama over 10 minutes e Best of festival. Ademais, o filme foi seleccionado para participar no Ariano Film Festival en Italia.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Canadá, Italia

Claves

Lugares