A longametraxe de animación Psiconautas, codirixida e coguionizada polo galego Alberto Váquez e baseada nunha novela gráfica do mesmo autor, continúa a sumar galardóns. Os máis recentes, os que obtivo no ToHorror Film Fest de TurÃn, onde se fixo co premio do xurado e mais o do público. Estes súmanse a outros recoñecementos recentes como foron os premios á mellor longametraxe no Festival Macabro e o de mellor filme de animación do FIC Monterrey, ambos en México, o obtido do Imaginaria, tamén en Italia, ou o do festival FantasÃa de Canadá.
Pola súa banda, a webserie Idiotas, que adapta o filme do mesmo nome do director pontevedrés Fran Estévez, será a única produción do Estado presente no NYC Web Fest, que se celebra en Nova York do 10 ao 12 de novembro vindeiros. A produción opta neste certame aos galardóns de logro excepcional para o responsable de fotografÃa Andres Victorero, ao de mellor serie en lingua estranxeira e ao de mellor director para Estévez.