A gala dos Premios Goya, que se celebrou en Madrid o pasado sábado, deixou unha excelente colleita para o noso país, co coruñés Alberto Vázquez como protagonista. Psiconautas, codirixido e coguionizado polo galego e baseado nunha banda deseñada da súa autoría, fíxose co premio ao mellor filme de animación. En paralelo, Decorado, tamén dirixida por Vázquez, obtivo o galardón na categoría de mellor curta de animación, de xeito que estes traballos fixeron pleno nas categorías ás que aspiraban. O resto de candidatos galegos, Javier Gutiérrez, Zeltia Montes e o filme María y los demás ficaron sen galardón.
O coruñés Alberto Vázquez copa os premios Goya á animación
Levou ó premio á mellor longametraxe con Psiconautas o de curtas con Decorado
101 lecturas | Compartido 0 veces
Para saber máis
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares


