O filme Sirât, dirixido polo naviego Óliver Laxe, fíxose con seis dos once galardóns aos que aspiraba na gala dos XL Premios Goya, que se celebrou sábado en Madrid. A produción, malia a non obter ningún dos recoñecementos maiores aos que estaba nomeada, foi a máis premiada da noite.
En concreto, o filme obtivo o premio á Mellor Dirección de Arte para Laia Ateca Font e o de Mellor Dirección de Fotografía para Mauro Herce. Oriol Maymó alzouse co de Mellor Dirección de Produción e Amanda Villavieja, Laia Casanovas e Yasmina Praderías levaron a figura ao Mellor Son. A Mellor Montaxe, de Cristobal Fernández e a Mellor Música Orixinal, para Kangding Ray completaron o palmarés do filme.
A outra grande vencedora galega da noite foi Decorado, de Alberto Vázquez, Chelo Loureiro, Iván Miñambres e Jose María Fernández de Vega que levou o premio ao mellor filme de animación.



