Sirât acada once candidaturas finalistas nos Premios Goya

'Decorado' de Alberto Vázquez podería ser o quinto Goya do realizador de animación

13/1/2026 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
64 lecturas | Compartido 1 veces

Imaxe da rodaxe de 'Sirat' © Quim Vives

A academia de cine de España ven de anunciar as candidaturas finalistas dos Premios Goya na 40ª edición. A película 'Sirârt' do galego Oliver Laxe é a segunda que acumula máis nomeamentos, conseguindo optar en once categorías dos galardón, incluíndo na de mellor director e mellor filme. Por riba dela só se sitúa a película 'Los domingos' con trece candidaturas. Entre as categorías ás que pode aspirar Sirát están tamén as de Guión Adaptado, Música Orixinal, Dirección de Produción, Dirección de Fotografía, Montaxe, Dirección de arte, Maquillaxe e perruquería, Son e Efectos especiais.
Na selección de nomeamentos está tamén a película de animación 'Decorado' do xa gañador de catro premios Goya nesa categoría, Alberto Vázquez. Para os intérpretes galegos hai tamén boas novas da academia, colocando nas posibilidades de actor de reparto a Tamar Novás , por 'Rondallas' e Miryam Gallego de actriz de reparto por 'Romería', as dúas rodadas en Galicia. Tamén o actor coruñés Mario Casas acada unha candidatura finalista como mellor actor polo seu traballo en 'Muy lejos'. Luis Tosar e Rigoberta Bandini presentarán a gala de entrega en Barcelona o vindeiro 28 de febreiro.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves