Sirât acada cinco galardóns nos Premios do Cinema Europeo

O filme de Óliver Laxe non se impuxo en ningunha das categorías principais do certame

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Sirât acada cinco galardóns nos Premios do Cinema Europeo

O Premios do Cinema Europeo recoñeceron o filme Sirât, dirixido por Óliver Laxe, con cinco galardóns dos nove aos que estava nominado. En concreto, a produción fíxose cos recoñecementos á fotografía, montaxe, deseño de produción, deseño de son e dirección de casting. Non entanto, a película non se impuxo en ningunha das catro categorías principais ás que estaba nomeada, as de mellor filme, mellor guión, mellor director e mellor actor.

Os galardóns da produción de Laxe foron para Mauro Herce polo seu traballo en fotografía, para Cristóbal Fernández pola montaxe, Laia Ateca recibiu o recoñecemento ao deseño de produción, Yasmina Praderías, Amanda Villavieja e Laia Casanovas viron galardoado o seu deseño de son e Nadia Acimi, Luís Bértolo e María Rodrigo fixéronse co premio á dirección de casting.

Que che parece esta nova?
199 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Sirât, Fotografía, Guión...

Claves

Protagonistas