Aínda que ficou ás portas do Premio Europeo do Cine, o debuxante e cineasta coruñés Alberto Vázquez opta este ano a levar dous Premio Goya cos seus dous últimos traballos. i>Psiconautas aspira a se facer co galardón a mellor filme de animación, mentres que Decorado compite no recoñecemento ás curtametraxes animadas. Canda a el, a presenza galega nos premios de cinema estatal está composta por Javier Gutiérrez Álvarez, que opta a ser o mellor actor de reparto polo seu traballo en El Olivo, e por Zeltia Montes e a súa composición Muerte, que poden levar o premio á mellor canción. Pola súa banda, a produción María y los demás, da compañía galega Frida Films, pode outorgarlle á catalá Nely Regueira o premio á mellor dirección novel e á madrileña Bárbara Lennie o de actriz protagonista. A compañía Vaca Films tamén ten un espazo nestas candidaturas ao ser unha das produtoras que participan no filme Cien años de perdón, que opta a premios ao mellor guión orixinal e mellor actor revelación.