A diversidade marca a presenza galega nos finalistas aos Goya deste ano

Rodrigo Cortés por Buried, Vicenta e A tropa de trapo e Luís Tosar son os principais candidatos a acadar unha estatua

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A diversidade marca a presenza galega nos finalistas aos Goya deste ano

Buried filme dirixido ourensán Rodrigo Cortés é un dos catro filmes que optan a un Goya á mellor película deste ano nos premios que concede a Academia do Cine española. Cortés está nominado ademais á mellor dirección, mellor montaxe e mellor canción orixinal. Luís Tosar compite na categoría de actor protagonista polo seu traballo en También la lluvia. Pola súa banda, A tropa de trapo, participada por Continental Films, competirá na categoría de mellor filme de animación, mentres Vicenta, coproducida por Ignacio Benedeti Cinema, pode levar o premio a mellor curtametraxe de animación. Ademais, a produción Chico e Rica, realizada polo Estudio Mariscal, conta co traballo do debuxante galego Alberto Guitián.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rodrigo Cortés, Luís Tosar, Cine, Animación...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares