O filme do galego Rodrigo Cortés, Buried , podería quedar fóra dos Óscars

O guionista do filme enviou unha carta aos membros da Academia, o que está expresamente prohibido

4/1/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

“Se aínda non veu Buried, pido respectuosamente que polo menos lea o guión antes de votar os premios da Academia para mellor guión orixinal”. Así comeza a carta que Chris Sparling, guionista de Buried, enviou aos membros da Academia de Hollywood o pasado decembro e que pode ser o motivo polo que o filme dirixido polo ourensán Rodrigo Cortés, caia da listaxe de candidatos ao Óscar. As normas da Academia de Hollywood son moi claras e pena coa descalificación este tipo de declaración. Malia que os publicistas que representan a Sparling enviaron un comunicado de disculpa pola carta, a Academia de Hollywood aínda non se pronunciou.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Hollywood, Rodrigo Cortés, Guión, Lingua galega...

Claves

Protagonistas