O home e o can triunfa no Festival de Cine sobre Discapacidade

O evento de Collado Villalba galardoou a produción como mellor filme e a Manuel Manquiña como mellor intérprete

28/11/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
39 lecturas | Compartido 0 veces

O XV Festival Internacional de Cine sobre Discapacidade de Collado Villalba (FECIDISCOVI) recoñeceu a produción galega O home e o can con dous dos seus galardóns. O xurado do certame escolleu o filme dirixido por Ángel de la Cruz como merecente do premio á mellor película desta edición este 26 de novembro.

A película, rodada integramente en Ourense, impúxose así ás 142 propostas a concurso nesta edición do certame. Canda a este premio, o traballo de Manuel Manquiña a protagonizar esta fita valeulle o galardón a mellor intérprete. Neste proxecto, o veterano actor galego interpreta un ancián con discapacidade intelectual que percorre a cidade na procura dun veterinario para o can que é a súa única compañía.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Manuel Manquiña, Ourense

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares