Entre os vindeiros 7 e 9 de setembro terá lugar en Vigo unha nova edición do Festival 85C que reúne a mulleres creadoras de todas as artes e disciplinas. Durante eses tres dÃas diversos espazos, máis de 25 locais da cidade, acollerán máis de 80 artistas con diferentes propostas. As creadoras toman a cidade: un cóctel de artes escénicas, faladoiros, música en directo, cinema, intervencións de rúa, obradoiros, poesÃa, contacontos, etc. O evento está organizado desde a asociación sen ánimo de lucro, 85C, que traballa irmandando mulleres artistas de distintos eidos e cidades coa intención de facer medrar o panorama da cultura emerxente. O programa conta con realizadoras como Anxos Fazáns, músicas como Mounqup, corógrafas como Olga Cameselle e outros moitos nomes importantes da nosa cultura como MarÃa Lado ou Carmen Conde.