A segunda edición de Elas Son Artistas, o Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade ofrecerá 20 propostas en 9 dÃas en seis concellos da área metropolitana coruñesa, contando coa capital provincial. Representantes das tres empresas implicadas na organización (Produtriz Agency, Yoltown, Dezdedez) asà como da Deputación Provincial da Coruña, patrocinadora do evento, presentaron esta mañá no Teatro Colón esta nova xeira do festival. A presentación festiva se fará este sábado dÃa 2 na Sala Mardi Gras da Coruña, co concerto da banda neoiorquina The Last Internationale, pero aÃnda haberá que agardar ata o 24 de maio para qu dea comezo o festival propiamente dito, que se celebrará ata o 2 de xuño. Elas son Artistas é un evento artesán de cultura , no que as mulleres creadoras son as protagonistas en diferentes propostas: música, humor, teatro, escritura, etc. Os concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Oleiros e Sada acollerán as diferentes actividades este ano.
As propostas deste IIº Elas son Artistas van dende a música punk ata a narración oral, un obradoiro de escritura terapéutica e creativa ou unha performance pictórica dunha artista sevillana inspirada en Emilia Pardo Bazán. Monólogos, swing, folk e unha xornada profesional comezada o ano pasado baixo o lema 'Boas prácticas de igualdade no sector cultural' enmarcada no ciclo A Cultura é un dereito que organiza o Departamento de Cultura da Deputación da Coruña. O programa combina propostas de pago (50 abonos dispoñibles a un prezo de 44€) con outras de acceso libre e na Coruña ocupará espazos do Ferum Metropolitano e as salas Mardi Gras, Garufa Club, Baba Bar e Jazz Filloa. Un evento con artistas dende Estados Unidos, Portugal, México, Catalunya, Madrid, AndalucÃa e moitas propostas galegas como Rosa Cedrón, Carmen Conde, Marem Ladson ou as Izquierdo Sisters entre outras. O festival porá o punto final no mesmo sitio onde ven de ser presentado, o Teatro Colón da Coruña o 2 de xuño coa actuación de Amparanoia.
Programa completo
Venres 24 - Inauguración na Sala Mardi Gras coas lisboetas Anarchicks
Sábado 25 - Cambre 12:30 Blues do PaÃs // 18:00 Bergondo: Rosa Cedrón // 20:00 Oleiros Mabel Flores // 22:30 Sala Mardi Gras Estrogenuinas + banda convidada
Luns 27 - Obradoiro de escritura terapéutica e creativa (Andrea Pazos)
21:00 Niñas de la Risa e Izquierdo Sisters
Martes 28 - Carmen Conde presenta Tabú ( Forum Metropolitano de A Coruña)
Mércores 29 Xornada Profesional A Cultura é un dereito “Boas prácticas de igualdade no Sector cultural”. Pazo de Mariñán
21:00 Quinteto Invento (músia clásica) en Sala Mardi Gras
Xoves 30 - 19:30 Performance pintura e escritura no Concello da Coruña ao aire libre.
22:00 e 23:00 Jazz Filloa: Ejazz (jazz vocal)
Vernes 31 - Arteixo: 20:00 Marina Gundin & The Misters (swing)
22:30 Sala Garufa Club: The Lucilles (Soul - México /Madrid)
Sábado 1 - Sada: 19:00 Marem Ladson e Lúa Mosquetera
22:30 Stacei Collins na Sala Mardi Gras
Domingo 2 - 21:00 Amparanoia (Teatro Colón) - Entradas xa á venta en Ataquilla e Ticketea.