O festival Elas son Artistas achegará 15 espectáculos feitos por mulleres

A Coruña, Betanzos, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada e Arteixo acollerán as actuacións do 31 de maio ao 6 xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
O festival Elas son Artistas achegará 15 espectáculos feitos por mulleres

Como un dos proxectos premiados do Concurso de Ideas pola Igualdade Luísa Villalta que promove a Deputación da Coruña nace o I Festival Metropolitano pola igualdade Elas son Artistas. Este programa levará aos concellos de A Coruña, Betanzos, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada e Arteixo entre o 31 de maio e o 6 de xuño un total de quince espectáculos de diferentes xéneros protagonizados por mulleres. Nastasia Zürcher, Ana Li, Silvia Penide, Marian Ledesma, Las Antonias, Carla López, a compañía teatral A Panadaría, Aldaolado, Blues do País, Ele, Femino Plural, Berta Bittersweet ou Rebeca Lane son algúns dos nomes que fan parte desta primeira xeira.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Sada, Cambre, Culleredo...