
O festival da carballeira de Caldas, Portamérica, rematou esta semana as súas confirmación para a nova edición incorporando a actuación de Xoel López, que este ano está de xira co seu aclamado traballo Sueños Y Pan (Esmerarte, 2017). Á oferta da cita portamericana súmanse tamén Jenny and teh mexicats e Pasajero, pechando un cartel que o xoves 5 de xuño estará encabezado por Imelda May e tamén contará coa actuación das rusas Pussy Riot entre outros. O venres Vetusta Morla copa a cabeza da oferta sobre outros dez artistas e grupos dese día; será o sábado 7 cando o Portamérica unirá na parte alta as actuacións de Izal e Xoel López nunha xornada an que tamén estarán os mexicanos Mexrrisey e os Dj ELYELLA, entre outros.
Morgan, Puerto Candelaria e Holly Miranda súmanse ao cartel do Festival 17º Ribeira Sacra, que celebrará a súa segunda edición do 27 de xullo ao 5 de agosto de 2018 que tamén presentou xa o seu cartaz distribuído por días e espazos. Estas novas confirmacións daranlle a réplica a primeira fin de semana de celebración do Festival 17º Ribeira Sacra a Coque Malla, Woods, Ten Fé, Mujeres e Fuckaine, artistas xa confirmados no cartel. O Festival 17º Ribeira Sacra regresa en 2018 para propoñer a última fin de semana de xullo (27-29) unha experiencia única ao redor da música en directo e da cultura do viño nunha zona de excelencia vitivinícola. E, todo iso, amparado polo patrimonio natural e cultural da Ribeira Sacra. Localizado en escenarios singulares dos municipios de Sober e Chantada durante o día, feito que propicia a exclusividade da cita, o festival completará de novo o seu cartel con concertos nocturnos en Monforte de Lemos orientados ao gran público, e programará, tamén, actividades gastronómicas e eventos exclusivos relacionados coa cultura do viño e coa paisaxe.