Este mes de abril, regresa 'Elas son artistas', o ciclo metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes á área metropolitana da Coruña, na que será a súa quinta edición e a proposta máis ambiciosa ata a data. Un total de 20 espectáculos artÃsticos e musicais que se desenvolverán ata o próximo mes de novembro. 'Elas son artistas' é máis que un ciclo ou festival, unha reivindicación pola igualdade, unha homenaxe á muller creadora, que será en todo momento protagonista. Os espectáculos que mes a mes ofrecerá o festival ata finais de ano, ocuparán, coma sempre, diversos espazos da área metropolitana. A Coruña, Arteixo, Cambre, Carral, Culleredo, Betanzos, Bergondo, Oleiros e Sada son os concellos que este ano o farán posible, sumándose a esta loita e reivindicación pola igualdade na música e nas artes.
Os eventos iniciaranse o vindeiro 23 de abril coa artista madrileña Ede e a banda sueca The Riven. A primeira actuación no Centro Cultural A Fábrica en Oleiros e a segunda na Sala Mardi Gras de A Coruña suporán o inicio dun ciclo que este 2022 abarcará prácticamente todos os recunchos da área metropolitana e no que destacan a gran participación de nomes de bandas e artistas galegas e o regreso das xiras de grandes bandas internacionais, como The Riven ou ByWater Call, ademais da artista de Nova Iork, Leah Woods. Esta quinta edición recupera a varias artistas que xa estiveran en edicións anteriores co obxectivo de voltar aplaudir as excelentes actuacións que ofreceron no pasado e tamén para seguir creando unha comunidade en torno ao proxecto. Estas artistas foron Ede, Mäbu, Silvia Penide, AldaoLado, Blues do PaÃs e ByWater Call. O ciclo, cuxo cartel aÃnda non está pechado, terá un importante bis: a actuación de MJ Pérez, gañadora en 2021 do Premio MartÃn Codax á Mellor cantautora galega, o 26 de novembro no Auditorio de A Senra, no Concello de Bergondo.