Os prematuramente desaparecidos Begoña Caamaño (1964-2014) e Fran Pérez 'Narf' (1968-2016) darán nome a dous certames culturais convocados pola Deputación Provincial da Coruña. Se ben no caso de Narf trátase de achegar unha nova denominación a un certame xa existente na súa IXª edición e de aquà en adiante, no caso de Caamaño o premio ao que dá nome a escritora e xornalista é de nova creación. O primeiro Premio Begoña Caamaño á mellor iniciativa cultural pola igualdade de xénero sairá convocado no BoletÃn Oficial da Provincia a semana que ven. Estes dous galardóns foron presentados hoxe en Santiago pola Vicepresidenta da entidade provincial, Goretti SanmartÃn, acompañada pola artista UxÃa e por Beatriz Caamaño, irmá da escritora. Os xurados dos dous premios, aÃnda por comunicar, estará compostos por persoas de recoñecido prestixio nos seus eidos e tamén haberá xente próxima aos dous persoeiros que dan nome para achegar a que poderÃa ser a súa visión.
Para SanmartÃn facer esta denominación dos certames representa unha oportunidade de achegar á xuventude ao coñecemento destas dúas figuras da nosa contemporaneidade cultural que son Caamaño e Narf en cadanseu eido, "son premios que pretenden dialogar coa contemporaneidade". A responsable de Cultura recordou que tanto Begoña Caamaño como Narf foron persoas que "deixáronnos en momentos absolutamente magnÃficos da súa traxectoria intelectual". Begoña Caamaño, escritora e xornalista de forte e activo compromiso co feminismo e a igualdade tanto na escrita como noutras iniciativas, dará nome ao premio de nova creación destinado a recoñecer a mellor iniciativa cultural ou artÃstica que defenda a igualdade xénero, xa sexa por parte de particulares, colectivos ou entidades de calquera tipo. Segundo Beatriz Caamaño, irmá da escritora, a idea deste premio recolle a esencia de Begoña, "o que ela sempre foi, o que ela sempre fixo e sempre quixo". O premio estará dotado con 6.500 euros e o prazo de presentación de propostas estará aberto ata o 30 de agosto.
No caso do músico Narf esta será a novena edición do premio musical dedicado a grupos e artistas emerxentes, que neste caso presenta ademais algunhas novidades como que se abre a propostas de toda Galicia e que haberá unha gala entre os cinco finalistas que se celebrará na Sala Malatesta de Santiago, sitio moi vencellado a Narf cando era a Sala NASA. A cantante UxÃa lembrou a figura do músico recordando que serÃa bo que servise de inspiración aos novos músicos pola súa busca constante dun "camiño propio" na música. Trátase, segundo a artista, nos dous casos de "dúas mentes brillantes que foron quen de teorizar e reflexionar sobre o seu entorno". O gañador deste premio musical levará 3.000 euros, 2.000 serán para o segundo clasificado, 1.500 para o terceiro e haberá dous premios de mil euros para os cuarto e quinto. Os galardóns irán acompañados de accións de difusión e promoción para que non rematen na súa entrega. A deputación promoverá estes certames na súa apertura con dous carteis con retratos dos homenaxeados, que foron realizados polo ilustrador Xosé Cobas e que distribuirá por todo o paÃs.