Con Begoña Caamaño como nexo o CCG cuestiona as fronteiras entre xornalismo e literatura

Autores como Manuel Rivas, Ledicia Costas, María Solar e Santiago Jaureguizar participan este luns nunha xornada

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaDía das Letras Galegas 2026
Compartir:
Con Begoña Caamaño como nexo o CCG cuestiona as fronteiras entre xornalismo e literatura

Este vindeiro luns, 23 de marzo, no Consello da Cultura Galega, as facetas de Begooña Caamaño como xornaliste escritora serán o punto de apoio sobre o que se construirá a xornada Non hai fronteiras (ou si?): xornalismo e literatura nas letras galegas. Ao longo do día serán varios os autores tanto de narrativa coma de poesía, moitos tamén xornalistas, que tomarán parte neste programa que explora e cuestiona as interseccións e comunicación entre a literatura e o xornalismo, coordinado pola xornalista e profesora Marta veiga Izaguirre. 

Partindo dunha mesa que lembrará a figura que se lle dedica as Letras Galegas 2026 na súa faceta máis xornalística, a xornada indagará nos elementos e nas motivacións que fan que as e os periodistas aposten pola ficción, nas achegas das escritoras e escritores aos xéneros xornalísticos e nas posibles fronteiras entre os dous ámbitos.

 

A xornada reúne no Pazo de Raxoi a nomes como Ramón Nicolas, María Xosé Porteiro e Lucía Junquera na mesa de apertura; Ledicia Costas e Manuel Rivas compartirán unha conversa; Ismael Ramos, Antía Yáñez e Susana Sánchez Aríns falarán da presenza da opinión de escritores nos medios; o camiño reverso, do xornalismo á presenza literaria será o obxecto da mesa final na que tomarán parte María Solar, Santiago Jaureguizar e Nicolás Carreira Pena. Estas e algunhas máis son cuestións ás que tenta responder este encontro arredor de dous oficios que levan camiñando á par dende hai ben tempo.

Que che parece esta nova?
103 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito